Fotografías

Afortunadamente houbo persoas que xa comezaron a recoller fotografías (mesmo vídeos) sobre as distintas parroquias, e tamén hai asociacións de veciñas/os que organizaron exposicións con fotografías do século pasado. A prioridade é tentar dixitalizar esas fotografías e catalogalas, de xeito que a finais de 2013 existan alomenos fotografías de todas as parroquias, catalogadas e que aporten información de cando se fixeron, quen ou que aparece na foto, onde se fixo, e cando sexa posible, con algunha información a maiores (por exemplo, se é unha foto dunha procesión, se cadra a procesión faise actualmente e sería posible ir grabar un vídeo breve).

A intención é poder realizar algunha exposición coas imaxes recopiladas, ainda que sexa modestiña. No apartado de Actividades informamos dos proxectos sobre exposicións.