Audio

Como soan as cousas? Como falan as persoas?

Dende o son do río na Raña ao dos piñeiros no Tetón, pasando por un conto dun meniño ou a misa das sete... Todos eses son forman parte da realidade que vivimos... Se cadra tamén atopamos cousas inesperadas... E sabendo que tampouco contamos con moitos recursos económicos para ter arquivos de audio de moita calidade, irase recollendo o que sexa posible.

A inspiración: O proxecto Escoitar.org

Proxecto Fachos e Fortes do cole Antonio Fernández (máis de 40 recollidas orais de contos e lendas)

Recollida do son do Miño ao seu paso por Goián