Benvidas e Benvidos

Arrimando Historias é un proxecto promovido por un grupo de persoas que consideramos que é necesario manter e valorizar o Patrimonio Cultural da nosa contorna, preservando os contos dos nosos maiores, as receitas da avoa, a historia local e as historias de vida das persoas que conforman este ente colectivo chamado Tomiño.

AVISO

Este proxecto nace dende a vontade e o voluntariado, non dependemos de máis que de nós mesmos e das persoas que teñen a ben partillar as súas lembranzas e saber facer, para garantir a transmisión as xeracións vindeiras. Desculpade a falta de medios, que ben sabemos que existe e que tentamos paliar coa ilusión e bo humor, e se tedes algunha idea que aportar, por favor facédeo a través do noso correo electrónico.